1
Saíndo de alí, Xesús marchou cara Xudea máis aló do río Xordán, e xuntábanse moreas de persoas arredor del, e unha vez máis lles ensinaba como de costume.
2
E achegáronselle os fariseos preguntándolle se lle era lícito a un home divorciarse da súa muller para poñelo a proba.
3
E respondendo El, díxolles: que vos mandou Moisés?
4
Eles dixeron: Moisés permitiu que escribira carta de divorcio e repudiala despois.
6
Pero Xesús díxolles: Pola dureza do voso corazón foi que vos escribiu este mandamento.
5
Pero dende o principio da creación fíxoos home e muller.
7
Por conta disto o home deixará a seu pai e a súa nai,
8
e serán os dous unha soa carne, de xeito que xa non son dous %ver si por masc ou fem%, senón unha soa carne.
9
Daquela, non separen as persoas o que Deus puxo baixo un mesmo xugo.
10
De volta na casa, os discípulos preguntaron outra vez sobre isto.
11
E díxolles: calquera que repudie á súa muller, e case con outra, comete adulterio sobre ela;
12
e se ela repudia ao seu home, e casa con outro, está a cometer adulterio.
13
E traíanlle aos meniños para que os tocara, e os discípulos berráronlles.
14
Pero cando viu Xesús isto, indignouse e díxolles: deixade que os meniños veñan a mín, e non llelo impidades, porque dos que son coma estos é o reino de Deus.
15
De certo vos digo: o que non reciba o reino de Deus coma un meniño, non ha entrar nel.
16
E abrazándoos, bendicíaos, poñendo as mans sobre eles.