1
Principio do evanxeo de Xesucristo, Fillo de Deus.
2
Como está escrito no profeta Isaías: Velaquí, eu envío o meu mensaxeiro diante da túa faciana, o cal preparará o teu camiño.
3
Voz do que clama no deserto: «Preparade o camiño do Señor, facede dereitas as súas sendas».
4
Xoán o Bautista apareceu no deserto predicando o bautismo de arrepentimento para o perdón de pecados.
5
E acudía a el toda a rexión de Xudea, e toda a xente de Xerusalén, e confesando os seus pecados, eran bautizados por el no río Xordán.
6
Xoán estaba vestido de pelo de camelo, tiña un cinto de coiro á cintura, e comía lagostas e mel silvestre.
7
E predicaba, dicindo: Tras de min vén un que é máis poderoso ca min, a quen non son digno de desatar, inclinándome, a correa das súas sandalias.
8
Eu bauticeivos con auga, pero El bautizaravos co Espírito Santo.
91011
E sucedeu naqueles días que Xesús veu de Nazaret de Galilea, e foi bautizado por Xoán no Xordán. E inmediatamente, ao saír da auga, viu que os ceos se abrían, e que o Espírito como pomba descendía sobre El; e veu unha voz dos ceos, que dicía: Ti es o meu Fillo amado, en ti compracinme.
12
Decontado o Espírito impulsouno a ir ao deserto.
13
E estivo no deserto corenta días, sendo tentado por Satanás; e estaba entre as feras, e os anxos servíanlle.
14
Despois que Xoán fora encarcerado, Xesús veu a Galilea proclamando o evanxeo de Deus,
15
e dicindo: O tempo cumpriuse e o reino de Deus achegouse; arrepentídevos e crede no evanxeo.
16
Mentres camiñaba xunto ao mar de Galilea, viu a Simón e a Andrés, irmán de Simón, botando unha rede no mar, porque eran pescadores.
17
E Xesús díxolles: Seguídeme, e eu farei que sexades pescadores de homes.
18
E deixando ao instante as redes, foron tras el.
19
Indo un pouco máis adiante viu a Xacobe, o fillo de Zebedeo, e ao seu irmán Xoán, os cales estaban tamén na barca, remendando as redes.
20
E ao instante chamounos; e eles, deixando ao seu pai Zebedeo na barca cos xornaleiros, fóronse tras El.
21
Entraron en Capernaúm; e decontado, no día de repouso entrando Xesús na sinagoga comezou a ensinar.
22
E admirábanse do seu ensino; porque lles ensinaba como quen ten autoridade, e non como os escribas.
23
E velaquí estaba na sinagoga deles un home cun espírito inmundo, o cal comezou a gritar,
24
dicindo: Que temos que ver contigo, Xesús de Nazaret? Viñeches a destruírnos? Eu sei quen es: o Santo de Deus.
25
Xesús reprendeuno, dicindo: Cala, e sal de el!
26
Entón o espírito inmundo, causándolle convulsións, gritou a gran voz e saíu del.
27
E todos abraiáronse de tal xeito que discutían entre si, dicindo: Que é isto? Un ensino novo con autoridade! El manda aínda aos espíritos inmundos e obedécenlle.
28
E decontado a súa fama estendeuse por todas partes, por toda a rexión ao redor de Galilea.
29
Inmediatamente despois de saír da sinagoga, foron a casa de Simón e Andrés, con Xacobe e Xoán.
30
E a sogra de Simón xacía doente con febre; e decontado faláronlle dela.
31
Xesús achegóuselle, e tomándoa da man levantouna, e a febre deixouna; e ela servíalles.
32
Ao luscofusco, despois da posta do sol, trouxéronlle todos os que estaban doentes e os posuídos.
33
E toda a cidade amoreárase á porta.
34
E sandou a moitos que estaban doentes de diversas doencias, e expulsou moitos demos; e non deixaba falar aos demos, porque eles sabían quen era El.
35
Levantándose moi de cedo, cando aínda estaba escuro, saíu, e foise a un lugar solitario, e alí oraba.
36
E Simón e os seus compañeiros saíron a buscalo;
37
atopárono e dixéronlle: Todos andan na procura de ti.
38
E El díxolles: Imos a outro lugar, aos pobos veciños, para que predique tamén alí, porque para iso vin.
39
E foi por toda Galilea, predicando nas súas sinagogas e expulsando demos.
40
E veu a El un leproso rogándolle, e axeonllándose díxolle: Se queres, podes limparme.
41
Movido a compaixón, estendendo Xesús a man, tocouno, e díxolle: Quero; sé limpo.
42
E ao instante a lepra deixouno e quedou limpo.
43
Entón Xesús reprendeuno severamente e decontado despediuno,
44
e díxolle: Mira, non digas nada a ninguén, senón vai, amósate ao sacerdote e ofrece pola túa limpeza o que Moisés ordenou, para testemuño a eles.
45
Pero el, en canto saíu, comezou a proclamalo abertamente e a divulgar o feito, a tal punto que Xesús xa non podía entrar publicamente en ningunha cidade, senón que quedaba fóra en lugares despoboados; e viñan a El de todas partes.