Capítulo 2

1 Despois de que Xesús naceu en Belén de Xudea nos tempos do rei Herodes, uns homes sabios do oriente chegaron a Xerusalén, preguntando: 2 onde está o %rei dos xudeus que naceu%que naceu Rei dos xudeos? Vimos a súa estrela no Oriente e vimos%viñemos% para o adorar%lo%. 3 Oíndo isto, o rei Herodes turbouse e toda Xerusalén con el. 4 Herodes convocou a tódolos principais (dos) sacerdotes e (os) escribas do pobo para lles preguntar onde había de nacer o Mesías. 5 Eles dixéronlle: en Belén de Xudea, porque así está escrito polo profeta: 6 "ti, Belén de Xudea, de ningún xeito es a menor entre os príncipes de Xudá, porque de ti sairá un gobernante que será o pastor do meu pobo Israel". 7 Entón Herodes, ás agachadas, chamou ós magos, para se informar de cando aparecera a estrela. 8 E enviándoos a Belén, díxolles: "ide, e infomádevos ben sobre o neno, e cando o atopedes, avisádeme axiña para ir eu tamén a adoralo". 9 Despois de oíren ó rei, puxéronse en camiño e a estrela que viron no oriente foinos guiando, ata se deter enriba de onde estaba o neno. 10 Entón, ao veren a estrela, alegráronse con grande ledicia. 11 Entraron na casa e viron ao neno coa súa nai María, e adorárono postrándose diante del; de seguido abriron os seus tesouros e ofrecéronlle ouro, incenso e mirra. 12 Pero sendo advertidos en soños que non volvesen por onda Herodes, regresaron á sua terra por outro camiño. 13 Despois de que eles saíron, (velaí) que un anxo do Señor aparecéuselle a Xosé en soños dicíndolle: "érguete, toma%colle% ao neno e maila súa nai e fuxide para Exipto, e quedádevos alí ata que eu te avise, porque Herodes está na procura do neno para acabar con el. 14 Esa mesma noite, Xosé ergeuse, colleu ao neno e maila nai e foise para Exipto. 15 E alí quedou ata a morte de Herodes, para que se cumprira o que dixera o Señor por medio do profeta: "de Exipto chamei o meu Fillo." 16 Herodes, decatándose de que fora burlado polos homes sabios, enfureceuse dabondo, e botando contas según o que os magos lle dixeran, enviou soldados para matar a tódolos nenos menores de dous anos en Belén e os seus arredores. 17 Daquela cumpriuse o anunciado polo profeta Xeremías, cando dixo: 18 " oíuse yn berro en Ramá, choros e grandes lamentos: Raquel chora polos seus fillos e non quería ser consolada, porque xa non existen". 19 Pero cando Herodes morreu, velaí que un anxo do Señor aparecéuselle en soños a Xosé en Exipto e díxolle: 20 "érguete, colle ó neno e maila súa nai e volve para a terra de Israel, porque aqueles que querían acabar coa vida do rapaz, xa morreron". 21 Ergueuse Xosé, tomou%colleu% ao neno e maila nai e entrou na terra de Israel. 22 Pero ó saber que Arquelao reinaba en Xudea en lugar do seu pai Herodes, tivo medo de ir alí, e sendo avisado por revelación en soños, marchou para a rexión de Galilea. 23 Cando chegou alí, estableceuse nunha vila chamada Nazaret, cumpriuse así o que anunciaran os profetas: "será chamado nazareno."