1
Libro da xenealoxía de Xesús Cristo, o Fillo de David,
2
fillo de Abraham. Abraham enxendrou a Isaac, Isaac enxendrou a Xacob, Xacob enxendrou a Xudá e os seus irmáns.
3
Xudá exendrou de Tamar a Fares e Zara, Fares enxendrou a Esrom, Esrom enxendrou a Aram,
4
Aram enxendrou a Aminadab, Aminadab enxendrou a Naasón, Naasón enxendrou a Salmón.
5
Salmón de Rahab, enxendrou a Booz. Booz enxendrou a Obed de Rut, Obed enxendrou a Isaí,
6
Isaí enxendrou a David o rei. David enxendrou a Salomón da que foi muller de Urías.
7
Salomón enxendrou a Roboam, Roboam enxendrou a Abías, Abías enxendrou a Asa,
8
Asa enxendrou a Iosafat, Iosafat enxendrou a Ioram e Ioram enxendrou a Uzías.
9
Uzías enxendrou a Iotam, Iotam enxendrou a Acaz, Acaz enxendrou a Ezequías.
10
Ezequías enxendrou a Manasés, Manasés enxendrou a Amón, Amón enxendrou a Iosías,
11
Iosías enxendrou a Ieconías e os seus irmáns no tempo da deportación a Babilonia.
12
Despois da deportación a Babilonia, Ieconías enxendrou a Xelatiel, Xelatiel enxendrou a Zerubabel.
13
Zerubabel enxendrou a Abiud, Abiud enxendrou a Eliaquim, Eliaquim enxendrou a Azor.
14
Azor enxendrou a Sadoc, Sadoc enxendrou a Aquim, Aquim enxendrou a Eliud.
15
Eliud enxendrou a Elazar, Elazar enxendrou a Matán, Matán enxendrou a Xacob.
16
Xacob enxendrou a Xosé, o esposo%marido%de María da que naceu Xesús, chamado o Mesías.
17
Todas as xeracións dende Abraham a David foron catorce, tamén catorcce dende David ata a deportación a Babiloina, e da deportación a Babilonia ata o Mesías catorce xeracións.
18
O nacemento de Xesús o Mesías foi así: A súa nai, María, estaba comprometida con Xosé, mais antes de se casar, apareceu embarazada do Espírito Santo.
19
O seu esposo%marido%, Xosé, era un home xusto e non querendo aldraxala diante de todos, decidiu abandonala secretamente.%decidiu repudiala en privado%
20
Pensando el nestas cousas, aparecéuselle en soños un anxo do Señor e díxolle: "Xosé, fillo de David, non teñas medo en%de% casar con María porque o que foi enxendrado nela é do Espírito Santo.
21
Dará a luz un fillo e ti chamaralo Xesús, pois el salvará o seu pobo dos seus pecados".
22
Todo isto aconteceu para que se cumprira o que dixera o Señor cando o profeta anunciou:
23
"mirade, a virxe concebirá e dará a luz un fillo, e poranlle de nome Enmanuel, que traducido é: Deus connosco".
24
Acordou Xosé do seu soño e fixo o que o anxo do Señor lle mandara, tomando a María como a súa %muller%esposa.
25
Mais non tivo relacións sexuais con ela ata que deu a luz a seu fillo, e chamouno Xesús.