1
E o primeiro día da semana María Magdalena foi cedo ao sepulcro, cando ainda estaba oscuro, e viu que xa a pedra fora quitada do sepulcro.
2
Entón correu e foi a Simón Pedro e ao outro discípulo a quen Xesús amaba, e díxolles: Leváronse ao Señor do sepulcro, e non sabemos onde o puxeron.
3
Saíron, pois, Pedro e o outro discípulo, e ían cara o sepulcro.
4
Os dous corrían xuntos, peroo discípulo correu máis a presa que Pedro, e chegou primeiro ao sepulcro;
5
e inclinándose para mirar adentro, viu as envolturas de liño alí postas, pero non entrou.
6
Entón chegou tamén , entrou ao sepulcro, Simón Pedro tras del, e viu as envolturas de liño alí postas,
7
e o sudario que estivera na cabeza de Xesús, non colocado coas envolturas de liño, senón enrolado nun lugar aparte.
8
Entón entrou tamén o outro discípulo, o que chegara primeiro ao sepulcro, e viu e creu.
9
Porque todavía non creran a Escritura, que Xesús debía resucitar de entre os mortos.
10
Os discípulos entón fóronse de novo ás súas casas.
11
Pero María estaba fora, chorando a carón do sepulcro; e mentres choraba, inclinouse e mirou dentro do sepulcro;
12
e viu dous anxos vestidos de branco, sentados onde estivera o corpo de Xesús, un á cabeceira e outro aos pés.
13
E eles dixéronlle: Muller por que choras? Ela díxolle: Porque leváronse ao meu Señor, e non sei onde o puxeron.
14
Ao dicir isto, volveuse e viu a Xesús que estaba alí, pero non sabía que era Xesús.
15
Xesús díxolle: Muller por que choras? A quen buscas? Ela, pensando que era o xardiñeiro, díxolle: Señor, se ti o levaches, dime onde o puxeches, e eu levareino.
16
Xesús díxolle: María! Ela, volvéndose, díxolle en hebreo: Raboni! ( que quere dicir, Mestre).
17
Xesús díxolle: Sóltame porque todavía non subín ao Pai; pero vai aos meus irmáns, e dilles: " Subo para meu Pai e para voso Pai, para meus Deus e para voso Deus.
18
Foi María Magdalena e anunciou aos discípulos. Vin ao Señor!, e que el lle dixera estas cousas.
19
Entón, no solpor daquel día, o primeiro da semana, e estando pechadas as portas do lugar onde os discípulos estaban por medo dos xudeus, Xesús veu e púxose en medio deles, e díxolles: Paz a vós!
20
E decindo isto mostroullesas máns e o costado. Entón os discípulos alegráronse ao ver ao Señor.
21
Xesús entón, díxolles outra vez: Paz a vós; como o Pai me enviou, así eu vos envío.
22
Despois de dicir isto, soprou entre eles e díxolles: Recibide o Espírito Santo.
23
A quen perdoedes os pecados, estes lle son perdoados; a quen reteñades os pecados, estes lle son retidos.
24
Tomás , un dos doce, chamado o Dídimo
( isto é: xemelgo)
, non estaba con eles cando Xesús veu.
25
Entón os outros discípulos decíanlle: Vimos ao Señor! Pero el dixo: Se non vexo nas súas mans o sinal dos cravos, e meto o dedo no lugar dos cravos, e poño a miña man no seu costado, non crerei.
26
Oito días despois, seus discípulos estaban outra vez dentro, e Tomás con eles. E estando as portas pechadas, Xesús veu e púxose en medio deles, e dixo: Paz a vós.
27
Logo, dixo a Tomás: Achega aquí teu dedo, e olla miñas mans; estende aquí túa man e métea no meu costado; e non sexas incrédulo, senón crente.
28
Respondeu Tomás e díxolle: Señor meu e Deus meu! Xesús díxolle: Porque me viches, criches?
29
Benaventurados os que non viron, e poren creron.
30
E moitas outras sinais fixo tamén Xesús en presenza dos seus discípulos, que non están escritas neste libro;
31
pero estas escrebéronse para que creades que Xesús é o Cristo, o Fillo de Deus; e para que ao crer, teñades vida no seu nome.