1
Despois de haber dito isto, Xesús saíu cos seus discípulos ao outro lado da fervenza de Cedrom, onde había unha horta, na que entrou El cos seus discípulos.
2
Tamén Xudas, o que o ía traizoar, coñecía o lugar, porque Xesús reunírase alí amiúdo cos seus discípulos.
3
Entón Xudas, tomando unha tropa romana, e a varios oficiais dos principais sacerdotes e dos fariseos, foi alí con lanternas, fachóns e armas.
4
Xesús, sabendo todas ,as cousas que virian sobre el saiu e díxolles: A quen buscades?
5
Eles respondéronlle: A Xesús Nazareno. El díxolles: Eu son. E Xudas, o que o traizoaba, estaba con eles.
6
E cando El lles dixo: Eu son, recuaron e caeron en terra.
7
Xesús entón volveu preguntarlles: A quen buscades? E eles dixeron: A Xesús Nazareno.
8
Respondeu Xesús: Díxenvos que eu son; por tanto, se me buscades a min, deixade ir a estes;
9
para que se cumprira a palabra que dixera: Dos que me diches, non perdín ningún.
10
Entón Simón Pedro, que tiña un puñal, sacouno e feriu ao servo do sumo sacerdote, e cortoulle a orella dereita. O servo chamábase Malco.
11
Xesús entón dixo a Pedro: Mete o puñal na vaíña. A copa co Pai me deu, acaso non a hei beber?
12
Entón a tropa romana, o comandante e os oficiais dos xudeus prenderon a Xesús e atárono,
13
e levárono primeiro ante Anás, porque era sogro de Caifás, que era sumo sacerdote ese ano.
14
E Caifás era o que aconsellara aos xudeus que conviña que un home morrese polo pobo.
15
E Simón Pedro seguía a Xesús, e tamén outro discípulo. Este discípulo era coñecido do sumo sacerdote, e entrou con Xesús ao patio do sumo sacerdote,
16
pero Pedro estaba fora, á porta. Así que o outro discípulo, que era coñecido do sumo sacerdote, saiu e falou á porteira, e fixo entrar a Pedro.
17
Entón a criada que coidaba a porta dixo a Pedro: Non es ti tamén un dos discípulos deste home? E díxolle: Non o son.
18
E os servos e os oficiais estaban de pé quentándose xunto unhas brasas que encenderan porque ía frío; E Pedro estaba tamén con eles de pé e quentándose.
19
Entón o sumo sacerdote interrogou a Xesús sobre os seus discípulos e as súas ensinanzas.
20
Xesús respondeulle: Eu faleille ao mundo abertamente, sempre ensinei na sinagoga e no templo, onde se xuntan todos os xudeus, e nada falei en segredo.
21
Por que me preguntas a min? Pregúntalles os que ouviron o que falei; velaí, estes saben o que dixen.
22
Cando dixo isto, un dos oficiais que estaba perto, deulle unha labazada a Xesús, decindo: Así respondes ao sumo sacerdote?
23
Xesús respondeulle: Se falei mal, da testemuña do que falei mal; pero se falei ben, por que me bates?
24
Anás enviouno atado a Caifás, o sumo sacerdote.
25
Simón Pedro estaba en pé, quentándose; entón dixéronlle: Non es ti tamén un dos discípulos? El negouno e dixo: Non o son.
26
Un dos servos do sumo sacerdote, parente daquel a quen Pedro lle cortara a orella, dixo: Non te vin eu na horta con el?
27
E Pedro negouno outra vez, e nese intre cantou un galo.
28
Levaron a Xesús de casa de Caifás ao Pretorio
( Morada do gobernador)
. Era pola mañá cedo. E eles non entraron no Pretorio para non se contaminar e poder comer a Páscoa.
29
Pilatos entón saiu fora cara eles e díxolles: Que acusación traedes contra este home?
30
Eles responderon e dixéronlle: Se este home non fose malfeitor, non cho hubéramos traído.
31
Entón Pilatos díxolles: Levádeo vós e xulgádeo conforme vosa lei. Os xudeus dixéronlle: Non se nos permite dar morte a ninguén.
32
Para que se cumprira a palabra que Xesús falara, dando a entender de que morte ía morrer.
33
Entón Pilatos volveu entrar no Pretorio
( Morada do gobernador)
, e chamou a Xesús e díxolle: Es ti o Rei dos xudeus?
34
Xesús respondeu: Esto dilo pola túa conta ou porque outros cho dixeron de min?
35
Pilatos respondeu: Acaso son eu xudeo? A túa nazón e os principais sacerdotes entregáronte a min. Que fixeches?
36
Xesús respondeu: O meu reino non é deste mundo. Se o meu reino fose deste mundo, entón meus servidores pelexarían para que eu non fose entregado aos xudeus; poren o meu reino non é daquí.
37
Pilatos entón díxolle: Así que ti es rei? Xesús respondeu: Ti dis que son rei. Para esto nacín e para esto viñen ao mundo, para dar testemuña da verdade. Todo o que é da verdade escoita miña voz.
38
Pilatos preguntoulle: Que é a verdade? E habendo dito esto, saíu outra vez cara os xudeus e díxolles: Eu non topo ningún delito nel.
39
Pero é costume entre vós que vos solte un na Páscoa. Queredes, pois, que vos solte ao Rei dos xudeus?
40
Entón berraron outra vez decindo: Non a este, senón a Barrabás. E Barrabás era un ladrón.