Capítulo 2

1 Chamade pois os vosos irmáns Ammi, e as vosas irmás Ruhama! 2 ¡Reprendede a vosa nai, reprendedea! Que ela non é a miña muller, nen Eu son o seu marido, Para quitar da súa cara as suas fornicacións, E os seus adulterios de entre seus peitos! 3 Non sexa que a despoxe, deixandoa espida, como o día que naceu, e a deixe no deserto, reducíndoa a terra seca, morrendo de sede, 4 Sen compaixón cara seus fillos, ao ser fillos bastardos. 5 Si, sua nai se prostituiu; aquela que lles deu a vida, deshonrouse, pois dixo: Irei en pos dos meus amantes, os que me dan o meu pan e a miña auga, A miña la e o meu liño, meu aceite e meu viño. 6 ¡Polo que cercarei teu camiño con silveiras! Cercarei cunha parede para non atopar as súas veredas. 7 Perseguirá os seus amantes sen alcanzalos, procurándoos, sen atopalos; dicindo: !Volverei co meu primer marido, Porque antes estaba mellor do que agora¡ 8 Ela non entendía que era Eu quen lle daba o gran, o mosto e o aceite, Quen lle multiplicaba a prata e o ouro, que utilizaban para Baal. 9 Por iso, quitareille de novo o gran o seu tempo e o meu mosto á súa estación, Recuperarei a miña la e o meu liño co cal cubria seu corpo espido. 10 Mostrarei como tolea diante dos seus amantes, E non haberá quen a libere da miña man. 11 Porei fin a súa felicidade: As súas festas, súas lúas novas e seus sábados, xunto con todas as súas festividades. 12 Arrasarei a súa vide e a súa figueira, dos que dicia: Son o meu salário, Déronma os meus amantes. 13 Convertireinas en matorrais, e os animais do campo comerán deles. Recibirá un castigo polos días dedicados aos Baais, aos cales lles queimaba incienso, E adornábase con aretes e gargantillas, Perseguía os seus amantes, esquecéndose de min, di Iahveh. 14 Porén Eu atraereina e conducineina ao deserto, E falareille ao seu corazón, 15 Alí dareille as súas viñas e o val de Acor como porta de esperanza; Alí ela responderá como na súa xuventude, Como cando saiu de Exipto. 16 E naquel día, di Iahveh, Ti chamarásme Ishí, e xa non serei Ba´alí, 17 Pois quitarei da súa boca os nomes dos Baais, seus nomes non se lembrarán. 18 Pactarei en favor deles un pacto cos animais salvaxes, Coas aves dos ceos e cos réptiles da terra, Romperei o arco, a espada e as batallas da terra, facendo que reposen con seguridade. 19 E te farei miña muller para sempre, fareite miña muller en xustiza e dereito, En amabilidade e gran misericordia. 20 E te farei miña muller en fidelidade, e ti coñecerás a Iahveh. 21 Aquel día responderei. Oráculo de Iahveh: Eu responderei aos ceos, e eles responderán á terra, 22 E a terra responderá ao trigo, ao viño e ao aceite, e eles reponderán a Xezreel. 23 E a sembrarei na terra para min mesmo, e complacereime de Lo-ruhama, e direi a Lo-ammi: Meu pobo. E él responderá: !Ti es o meu Deus¡