Capítulo 2

1 Entón, logo de 14 anos viaxei de novo a Xerusalén con Bernabé, levando a Tito canda nós. 2 Subín por mor dunha revelación e, faleilles o evanxeo que predico aos xentís. De xeito persoal ía falando con aqueles de renome, para ter a seguridade de que non corría, nen correra por nada. 3 E nen aínda Tito, que estaba comigo, foi obrigado a cincuncidarse, sendo grego. 4 Isto foi por mor duns falsos irmáns que se infiltraron para espiar a nosa liberdade en Cristo Xesús, coa intención de facernos escravos. 5 Mais en ningún momento lles prestamos as orellas, para que a verdade do evanxeo quedara con vós. 6 E aqueles que gozaban de sona de ser alguén ( o que eran non me cómpre a min sabelo: Deus non ten favoritos ), eses non me ensinaron nada. 7 Polo contrario, ao ver que que o meu chamado estaba dirixido aos incircuncisos, así como Pedro aos da circuncisión, 8 ( porque o mesmo que lle confiou o apostolado a Pedro para os circuncidados do mesmo xeito fixo para conmigo no meu apostolado aos xentís ). 9 E cando Xacobe, Pedro e Xoan recoñeceron que Deus fora bo comigo, estes que eran coñecidos como os que sentaran as bases da igrexa, estreitaron a man dereita de Bernabé e a miña coma compañeiros, para que nós fósemos aos xentís, e eles aos circuncidados. 10 Fixeron fincapé en non esquecernos dos desvalidos, cousa que procurei facer dilixentemente. 11 Pero cando Pedro veu de Antioquía, pranteille cara porque non estaba actuando da forma axeitada. 12 Porque el xuntábase a comer con xentís antes de chegaren uns poucos de parte de Xacobe. E cando estes chegaron, arredábase dos xentís por medo aos da circuncisión. 13 E os demáis xudeos foron partícipes desta hipocresía, tanto que o mesmo Bernabé se deixou enredar na hipocresía deles. 14 Pero cando vin que non se estaban conducindo conforme á verdade do evanxeo, díxenlle a Pedro diante de todos: Se ti, sendo xudeo, vives coma os xentís e non coma os xudeos, por que queres xudaizar aos xentís? 15 Nós somos xudeos de berce e non pecadores entre os xentís. 16 Pero con todo, sabendo que as persoas non son xustificadas polas obras da Lei senón pola fe en Cristo Xesús, nós tamén cremos en el para ser xustificados pola fe, e non polas obras da Lei.; pois por esas obras ninguén poderá ser xustificado. 17 Pero se pretendendo ser xustificados en Cristo, tamén resultamos ser pecadores, será que Cristo é un servidor do pecado? Diso nada! 18 Porque se eu reconstrúo o que botei abaixo noutrora, eu mesmo son o culpable. 19 Pois por medio da lei, eu morrín á lei,e amiña meta é para vivir para Deus. 20 Xuntamente con Cristo fun crucificado, e xa non vivo eu, agora é Cristo que vive en min, e esta vida mortal, vívoa pola fe no Fillo de Deus, que me amou e se entregou a si mesmo por min. 21 Non anulo a graza de Deus, porque si a xustiza ven pola lei, logo Cristo morreu para nada.