Capítulo 6

1 Hai un mal que vin debaixo do sol moi común entre as persoas: 2 A quen Deus lle deu riquezas, facenda e honra, e nada lle falta do que a súa alma desexa, pero Deus non lle deu a facultade de desfrutar delas, porque un estraño llo come. Isto é vaidade e penosa aflición. 3 Se un home ten cen fillos, e vive moitos anos, por moitos anos que sexan, tantos que non tivese nin sepultura, se a súa alma non se saciou de cousas boas, digo que un aborto é mellor que el, 4 porque en balde, a ás tebras vai, e o seu nome é cuberto polas tebras. 5 Ademais nunca viu o sol e nada sabe, máis descanso ten este que aquel. 6 E mesmo se un vivise dous milleiros de anos, pero non desfruta das cousas boas, non marchan todos ao mesmo lugar? 7 O home con todo o seu traballo satisface a fame, con todo a súa alma non se enche. 8 Pois que vantaxe ten o sabio sobre o necio? E que vantaxe ten o pobre ao que soubo camiñar entre os vivos? 9 Mellor é o que ven os ollos do que a alma desexa. Tamén isto é vaidade e aflición de espírito. 10 Todo o que existe hai moito que se lle deu nome, e sábese que o ser humano non se pode enfrentar a Aquel eu é máis poderoso que el. 11 Cando aumentan as palabras aumenta a vaidade e iso ao ser humano non lle vale para nada. 12 Porque, quen sabe o que lle convén ao ser humano na vida, nos poucos días que vive na vaidade e que pasan como unha sombra? E quen ensinará ao ser humano o que acontecerá despois del debaixo do sol?