123
Palabras do pregador, fillo de David, rei en Xerusalém. Vaidade de vaidades di o pregador, vaidade de vaidades, todo é vaidade. Que proveito recebe as persoas de todo o traballo que fan baixo o sol?
456
Unha xerazón vai e outra xerazón ven, pero a terra permanece para sempre. Sae o sol e ponse o sol, ao seu lugar vai apresa, e dalí sae de novo. Sopra cara o sur e xira cara o norte, xirando e xirando vai o vento; e sobre os seus xiros o vento regresa.
78
Todos os ríos van cara o mar, e o mar non se enche; ao lugar onde van os ríos, alí siguen indo. Todas as cousas fatigan, as persoas non poden expresalas. Non se cansa o ollo de ver nen o ouvido de ouvir.
91011
O que foi, iso ha de ser, e o que se fixo, ha se facer outra vez, nada novo hai baixo do sol. Hai algo que se poda dicer: olla, isto é novo? Xa existía en séculos antes ca nós. Non hai memoria das primeiras cousas nen das últimas que acontecerán; non haberá memoria delas nos que virán despois.
12131415
Eu, o pregador, fun rei sobre Israel en Xerusalém. E apliquei o meu corazón en buscar e investigar con sabiduría, todo o que se fixera baixo o ceo. Dolorosa tarefa dada por Deus aos fillos dos homes para seres aflixidos con ela. Vin todas as obras que se fixeron baixo do sol, e velaí, todo é vaidade e correr detrás do vento. O torto non se pode endereitar, e o que falta non se pode contar.
161718
Eu falei ao meu corazón dicindo: Velaí, eu engrandecín e aumentei a sabiduría máis que todos os que estiveron antes ca min en Xerusalém; o meu corazón contemplou moita sabiduría e coñecemento. E apliquei o meu corazón en coñecer a sabiduría e coñecer a loucura e a insensatez; decateime que isto tamén é correr detrás do vento. Porque na moita sabiduría hai moita anguria e quen aumenta o coñecemento aumenta a dor.