1
Festo, entón, aos tres dias de chegar á provincia, subiu a Xerusalén dende Cesarea.
2
E os principais sacerdotes e os xudeus máis influíntes presentaron demanda contra Pablo, e rogábanlle,
3
pedindo un favor na súa contra; que o fixera traer a Xerusalén ( preparando eles, ao tempo, unha emboscada para matalo no camiño).
4
Pero Festo respondeu que Pablo estaba baixo custodia en Cesarea, e que axiña sairía él cara alá.
5
Entón, díxolles, os que de entre vós teñan autoridade, baixen comigo e se hai algo impropio no home, acusadeo.
6
Logo de quedar con eles por uns oito ou dez días, non máis, baisxou a Cesarea, e ao día seguinte sentou no tribunal e mandou que trouxeran a Pablo.
7
Cando éste chegou, rodeárono os xudeus que baixaran de Xerusalén, presentando na súa contra moitas e graves acusacións que non podían probar,
8
mentres Pablo dicía en defensa propia: non cometín delito algún, nen contra da lei dos xudeus, nen contra do templo, nen contra o César.
9
Pero Festo, querendo facer un favor aos xudeus, respondeu a Pablo e dixo: estás disposto a ir a Xerusalén e a seres xulgado diante miña por estas acusacións?
10
Entón Pablo respondeu: ante o tribunal do César estou, que é onde debo ser xulgado. Ningunha ofensa lle fixen aos xudeus, como moi ben sabes ti.
11
Polo tanto, se son culpable, e fixen algo digno de morte, non rexeito morrer; pero se ningunha de esas cousas das que estos me acusan, é verdade, ninguén me pode entregar a eles. Apelo ao César.
12
Entón Festo, logo de consultar con consello, respondeu: ao César apelaches, ao César has ir.
13
Pasados varios días, o rei Agripa e Berenice chegaron a Cesarea e foron saudar a Festo.
14
Como estiveron alí moitos días, Festo presentou o caso de Pablo ante o rei, dicindo: hai un home que Félix deixou preso,
15
sobre o que, estando en Xerusalén, os principais sacerdotes e os anciáns dos xudeus presentaron acusacións na súa contra, pedindo unha sentencia condenatoria en contra del.
16
Eu respondinlles que non é costume entres os romanos, entregar a un home sen que antes o acusado confronte aos seus acusadores, e teña a oportunidade de defenderse dos cargos.
17
Así que, cando se reuniron aquí, non demorei, senón que ao día seguinte, sentei no tribunal e mandei que trouxeran ao home.
18
E levantándose os acusadores, non presentaban cargo algún das cousas perversas que eu sospeitaba,
19
senón que tiñan na súa contra algúns puntos de desacordo respeto da súa relixión, a sobre un tal Xesús, xa morto, de quen Pablo afirmaba que estaba vivo.
20
E estando eu perplexo con toda esta polémica, pregunteille se quería ir a Xerusalén e ser xulgado aló por estas cousas.
21
Pero como Pablo apelou para que fose gardado baixo custodia, para que o emperador dese o seu fallo, mandei custodialo ata envialo ao César.
22
Entón Agripa díxolle a Festo: a min tamén me gustaría escoitar ao home. Mañán, dixo Festo, oiralo.
23
Así que, ao día seguinte, cando Agripa e Berenice con moita pompa, entraron no salón de audiencia, acompañados polos tribunos e os homes máis importantes da vila, Festo mandou traer a Pablo.
24
E dixo Festo: Rei Agripa e demáis presentes aquí con nós, velaquí vedes a este home, sobre o que todo o pobo xudeu, tanto aquí coma en Xerusalén, me fixo unha petición declarando a berros que non debe vivir máis.
25
Pero eu descubrín que non hai en el nada digno de morte, e como el mesmo apelou ao emperador, decidín envialo.
26
Pero non teño nada en concreto que escribirlle ao soberano sobre el, polo tanto tróuxeno diante de vós, e especialmente diante de ti, rei Agripa, para que logo de interrogalo, eu teña algo que escribir.
27
Pois paréceme ilóxico enviar a un preso e non indicar os cargos que existan na súa contra.