1
O apóstoles e os irmáns que estaba por toda Xudea escoitaron que tamén os xentís recibiran a palabra de Deus.
2
E cando Pedro subiu a Xerusalén, os da circuncisión botáronlle en cara,
3
dicindolle: "Ti entrache na casa dos incircuncisos e comiches con eles.
4
Entón Pedro comezou a explicarlles por orde o que sucedera, dicindo:
5
Estaba eu na cidade de Jope orando, e tiven en extase unha visión: un obxeto que semellaba un grande lenzo que descendía, baxando do ceo polas catro pontas, e veu até a min.
6
Mirando para el e observandoo, vin cuadrúpedos terrestres, feras, reptís e aves do ceo.
7
Tamén ouvín unha voz que me dicía: "Érguete, Pedro; mata e come".
8
Mais eu dixen: "De ningún xeito, Señor, porque nada impuro ou inmundo entrou nunca na miña boca.
9
Mais a voz do ceo repondeu por segunda vez: "O que Deus limpiou, non o chames impuro".
10
Isto sucedeu tres veces, e todo se retirou cara o ceo.
11
Velaí que naquel momento apareceron tres homes diante da casa onde estábamos, que os mandaran desde Cesarea.
12
O Espírito me dixo que fose con eles sen dubidar. Estes seis irmáns foron tamén comigo e entramos na casa daquel home,
13
e el nos contou como vira ao anxo de pé na súa casa, que lle dixo: "Manda a alguén a Jope e fai traer a Simón, que tamén se chama Pedro,
14
quen te dirá palabras polas que serás salvo ti e toda a túa casa"
15
Cando comecei a falar, o Espíritu Santo descendeu sobre eles, tal e como o fixo sobre nos no principio.
16
Entón recordei as palabras do Señor, cando dixo: "Xoán bautizou con auga, pero vós seredes bautizados co Espírito Santo".
17
Pois, se Deus lles concedeu o mesmo don que tamén nos deu a nós despois de crer no Señor Xesús Cristo, quen era eu para estorba a Deus?
18
E ao ouvir isto se calmaron e glorificaron a Deus, dicindo: Asi que tamén aos xentís Deus lles concedeu o arrepentimento que leva a vida.
19
Agora ben, os que fuxiran pola persecución que veu despois da morte de Estevo, chegaron a Fenicia, Chipre e Antioquia, sen predicar a ninguén, só aos xudeos.
20
Mais algún deles, homes de Chipre e de Cirene, ao chegar a Antiaquía, falaban tamén aos gregos, predicando de Xesús.
21
E a man do Señor estaba con eles, e moitos creron e se convertiron ao Señor.
22
Chegaron as novas disto aos ouvidos da igrexa de Xerusalén e enviaron a Bernabé a Antioquia.
23
El, cando chegou e viu a gracia de Deus, alegrouse e animaba a todos para que permaneciesen con corazón firme fieis ao Señor,
24
porque era un home bon e cheo do Estírito Santo e de fe. E moita xente se uniu ao Señor.
25
Bernabé saiu cara a Tarso na procura de Saulo.
26
Cando o encontrou, trouxoo a Antioquia. E se reuniron coa igrexa por todo un ano, ensinando ás multitudes. E aos discípulos se lles chamou cristianos por primeira vez en Antioquia.
27
Por aqueles días uns profetas descenderon de Xerusalén a Antioquia.
28
Un deles chamado Agabo, levantouse e falou polo Espíritu Santo que habería unha grande fame en toda a terra. E isto ocurriu no reinado de Claudio.
29
Entón os discípulos, conforme o que cada un tiña, propuxeronse enviar una axuda para auxiliar aos irmáns en Xudea.
30
E así o fixeron, enviandoa aos anciáns por man de Bernabé e Saulo