1
O primeiro relato que che escribín, Teófilo, falaba de todas a cousas que Xesús comezou a facer e a ensinar,
2
ata o día no que foi recibido arriba, logo de dar instrucións polo Espírito Santo aos apóstolos que escollera.
3
A estos, tamén, despois do seu padecemento, presentouse vivo con moitas probas indubidables, aparecéndoselles por corenta días e falándolles das cousas do reino de Deus.
4
E xuntándose con eles, mandoulles que non saíran de Xerusalén, senón que agardaran por a promesa do Pai: a que, lles dixo, oistes de min;
5
pois Xoan bautizou con auga, pero vós seredes bautizados con Espírito Santo de aquí a poucos días.
6
Entón os que estaban reunidos, preguntábanlle, dicindo, Señor, restablecerás neste tempo o reino a Israel?
7
El díxolles: non é de vos saber os tempos nen as ocasións que o Pai acordou coa súa propia autoridade;
8
pero recibiredes poder cando o Espírito Santo veña sobre vós ; e me seredes testemuñas en Xerusalén, en toda Xudea e Samaria, e mesmo nos confíns da terra.
9
Tendo ditas estas cousas, foi alzado á vista deles, e unha nube ocultouno dos seus ollos.
10
E mirando fixamente ao ceo mentres El ascendía, aconteceu que se presentaron canda eles dous varóns en vestiduras brancas,
11
que lles dixeron: galileos, por que estades a mirar ao ceo? Este mesmo Xesús, que foi tomado de entre vós cara o ceo, volverá do mesmo xeito, así como o vistes ir camiño ao ceo.
12
Entón regresaron a Xerusalén desde o monte das Oliveiras, que está preto de Xerusalén, camiño de un día de repouso
( aprox 900m )
.
13
Entrando na vila, subiron ao cuarto que tiñan no piso superior onde estaban aloxados Pedro, Xoan, Xacobe e Andrés, Felipe e Tomás, Bartolomé e Mateo, Xacobe fillo de Alfeo, Simón o Zelote e Xudas, fillo de Xacobe.
14
Todos eles estaban unánimes, adicados á oración xunto coas mulleres e María, a nai de Xesús e os seus irmáns.
15
Por aquel tempo Pedro ergueuse no medio dos irmáns ( un grupo como de cento vinte persoas que estaban alí reunidos ) e dixo:
16
varóns irmáns, era necesario que tivera cumprimento a escritura que predixo o Espírito Santo por boca de David sobre Xudas, o que guiou aos que prenderon a Xesús.
17
Porque era dos nosos e tivera parte neste ministerio.
18
( Este, de feito, fíxose cun campo pequeno cos cartos da súa maldade e caendo de cabeza, rebentou polo medio, e todas as súas tripas quedaron espalladas pola eira.
19
Tal cousa foi sabida por todos os que vivían en Xerusalén, de maneira que aquel lugar foi nomeado na súa propia lingua Acéldama, que ven sendo así como un campo pequeno de sanque.)
20
Porque está escrito nos Salmos: que sexa feita deserta a súa morada, e non haxa quen habite nela; e: que outro tome o seu cargo.
21
Polo tanto é necesario, que de todos os homes que nos acompañaron todo o tempo que o Señor Xesús viviu entre nós,
22
desde o bautismo de Xoan, ata o día que foi recibido arriba de entre nós, sexa un constituido testemuña da súa resurreción xunto con nós.
23
E erguéronse dous: Xosé, chamado Barsabás, de sobrenome Xusto, e Matías.
24
E logo de estar orando dixeron: ti, Señor, que coñeces o corazón de todos, indícanos a cal destes dous escolliches
25
para que ocupe este ministerio e apostolado, do que Xudas se extraviou para ir camiño a onde lle correspondía.
26
Botaronlles sortes, e caeu a sorte en Matías, e foi contado xunto cos once apóstolos.