12
Paulo, apóstolo de Xesús Cristo pola vontade de Deus, según a promesa de vida en Xesús Cristo, a Timoteo, fillo querido: graza, misericordia e paz de Deus Pai e de Xesús o Mesías, o noso Señor.
3
Doulle grazas a Deus. a quen sirvo dende os meus devanceiros con concencia limpa, de que sempre me lembro de ti nas miñas oracións, noite e dia;
4
véñenme ganas de te ver, cando lembro as túas bágoas, para encherme de ledicia,
5
tendo vivo o recordo da túa fe sinceira, que primeiro tiñan a túa avoa Loida e na túa nai Eunice, e estou convencido que tamén está en ti.
6
Por esta causa, recórdoche que atices o lume do don de Deus que hai en ti pola imposición das miñas mans.
7
Porque Deus non nos deu espírito de covardía, senón de poder, de amor e de dominio propio.
8
Polo tanto, non teñas vergoña de testemuñar do noso Señor, nin de min, o seu prisioneiro; senón comparte comigo o sofremento por causa do evanxeo, contando co poder de Deus,
9
quen nos salvou e nos chamou con chamamento santo, non polas nosas obras, senón dacordo ó seu propósito e a graza que nos deu en Xesús Cristo antes dos tempos eternos;
10
pero que se manifestou agora pola vinda do noso Salvador, Xesús Cristo, quen derogou a morte e alumeou a vida e a inmortalidade por medio do evanxeo,
11
para iso eu fun constituído pregueiro, apóstol e mestre.
12
Por iso eu tamén padezo todas estas cousas, pero non sinto vergoña, porque sei a quén crin e estou certo de que é podente para gardar o meu depósito ata aquel día.
13
Mantén o exemplo das palabras sanas que me escoitache, verbo da fe e o amor que hai en Xesús o Mesías.
14
Garda o bo depósito por medio do Espírito Santo que mora en nos.
15
Xa sabes que me plantaron todos os de Asia, entre eles Fixelo e Hermóxenes.
16
Que o Señor conceda misericordia á familia de Onesíforo, pois moitas veces me animou e non se avergoñou das miñas cadeas,
17
senón que, tan pronto como chegou a Roma, buscoume por todas partes ata atoparme.
18
Que o Señor lle conceda misericordia naquel día, pois tí ben sabes cantos servicios fixo por min en Éfeso.