1
Esta é a terceira vez que vou onda vós: Todo asunto decidiráse polos testemuños de dúas ou tres persoas.
2
Díxenvos, cando estaba convosco a segunda vez, e repítovolo agora aínda que estou ausente, que con aqueles que pecaron e con tódolos demáis, non vou ser indulxente.
3
Xa que andades procurando unha proba de que o Mesías fala por min, El non é feble convosco, senón que é poderoso entre vós.
4
Porque foi crucificado en debilidade, pero vive polo poder de Deus. Nós tamén somos febles nel, pero viviremos con él polo poder de Deus para convosco.
5
Examinádevos a vós mesmos se estades na fe, probade quen sodes. Ou non vos decatades que Xesús o Mesías está en vosoutros? Se non é así, é que estades descalificados!
6
Pero agardo que recoñezades que nós non estamos descalificados.
7
E oramos a Deus para que vós non fagades nada malo, non para que nós sexamos aprobados, senón para que vós fagades o ben, aínda que nós semellemos ser descalifidados.
8
Porque nada podemos facer contra a verdade, senón a favor da verdade.
9
Por iso alegrámonos de sermos febles e vós fortes, porque o que pedimos é: a vosa perfección.
10
Polo tanto escríbovos estando ausente, para non ser demasiado severo cando estea convosco, segundo a autoridade que o Señor me deu para construír, e non para derrubar.
11
Para rematar, irmáns, alegrádevos, procurade a vosa perfección, consoládevos, andade dacordo, vivide en paz e o Deus de amor e paz estará convosco.
12
Saudádevos uns aos outros cun bico santo.
13
Mándanvos saúdos tódolos santos.
14
A graza do Señor Xesús, o Mesías, o amor de Deus, e a participación do Espírito Santo sexan convosco.