Capítulo 13

1 Aquel día haberá unha fonte aberta para a casa de David e para os habitantes de Xerusalém, para lava-lo pecado e a impureza. 2 E acontecerá aquel día -declara o Señor dos exércitos- que eliminarei da terra os nomes dos ídolos, e nunca máis serán recordados; tamén eu quitarei da terra aos profetas e ao espírito inmundo. 3 E acontecerá que si algún aínda profetiza, o seu pai e a sua nai que o enxendraron diranlle : "Non vivirás porque falache falsamente no nome do Señor"; e o seu pai e a sua nai que o enxendraron traspasarano mentres profetiza. 4 Tamén acontecerá aquel día que os profetas avergoñaranse cada un da súa visión cando profetice, e non se vestirán o manto de pelo para enganar, 5 senon que cada un dirá: "Non son profeta, son labrador da terra, porque un home me vendeu como escravo na miña xuventude". 6 E alguén lle dirá: "Qué son esas feridas no teu corpo?" Y él responderá: "Son aquelas coas que fun ferido na casa dos meus amigos". 7 Esperta, espada, contra do meu pastor, e contra do home compañeiro meu -declara o Señor dos exércitos-. Fire ao pastor e espallaranse as ovellas, e volverei a miña man contra dos pequenos. 8 E acontecerá en toda a terra -declara o Señor- que dúas partes serán cortadas nela, e perecerán: pero a terceira quedará nela. 9 E meterei a terceira parte no lume, e refinareinos como se refina a prata, e probareinos como se proba o ouro. Invocará él o meu nome, e eu lle responderei; direi: "El é o meu pobo", y él dirá: "O Señor é o meu Deus".