1
Mostroume un río de auga de vida, resplandecente coma o cristal, que saía do trono de Deus e do Año.
2
No medio da rúa principal da cidade, a unha e outra beira do río, estaba unha árbore da vida que dá unha ducia de froitos, dando o seu froito cada mes, e as follas da árbore son para a sanidade das nacións.
3
Xa non haberá máis maldición, senón que o trono de Deus e do Año estará nela, e os servos a servirán.
4
Verano cara a cara, e o seu nome estará nas súas frontes.
5
E non haberá noite, nin precisarán de luz de lámpada nin da luz do sol, porque o Señor Deus brillará sobre eles, e reinarán para sempre.
6
Entón díxome o anxo: -Estas palabras son fieis e verdadeiras. O Señor, o Deus dos espíritos dos profetas, mandou o seu anxo para ensinar aos seus servos o que vai a suceder axiña.
7
Velaí que Eu veño deseguida. Feliz o que fai caso do que está escrito na profecía deste libro.
8
Eu, Xoán, son o que escoitei e vin estas cousas. Ao escoitalas e velas, caín aos pés do anxo que mas amosaba para adoralo.
9
Pero el díxome: -Non fagas iso! Eu estou a servirte a ti e máis aos teus irmáns os profetas e a todos os que fan caso das palabras escritas neste libro: adora só a Deus!
10
Continuou dicíndome: -Non gardes en segredo as palabras da profecía deste libro, porque o tempo de cumprirse vai chegar axiña.
11
O que é inxusto, que siga séndoo, o inmundo, máis inmundo aínda; pero o que é xusto debe ser máis xusto e o que é santo, aínda máis santo.
12
Velaí que Eu veño axiña, e o meu premio está comigo, para recompensar a cada un segundo a súa obra.
13
Eu son o Alfa e o Omega, o Primeiro e o Derradeiro, o Principio e o Fin.
14
Benditos os que lavan as súas roupas para teren dereito á árbore da vida, e entraren polas portas da cidade.
15
Fora quedarán os cans, os bruxos, os fornicarios, os asasinos, os idólatras e todos aqueles que aman e practican a mentira!
16
Eu, Xesús, mandéivolo meu anxo para testemuñar de todas estas cousas sobre as igrexas. Eu son a raíz e a liñaxe de David, a estrela resplandecente da mañá.
17
O Espírito e a esposa din: -Ven! E todo aquel que escoita que diga: Ven! E o que teña sede, que veña, e todo aquel que o desexe que tome de balde da auga da vida.
18
Eu testifico a todo que escoita as palabras da profecía deste libro: -Se alguén engade algo ao que está escrito, Deus mandaralle as pragas escritas neste libro.
19
Se alguén quita algunha palabra das profecías deste libro, Deus quitará a súa parte da árbore da vida e da cidade santa, das cousas que foron escritas neste libro.
20
Aquel que da testemuño destas cousas di: -Eu veño pronto! Amén, si ven Señor Xesús!
21
A graza do Señor Xesús sexa con todos.