Salmo 8 Para o director do coro sobre Gitit. Salmo de David

1 Ó Iahveh, noso Señor,

cuan glorioso é o teu nome en toda a terra!,

que puxeches a túa gloria sobor dos ceos!

2 Por boca dos neniños e dos bebés puxeches a túa forza

por causa dos teus adversarios,

para facer calar o inimigo e o vengativo.

3 Cando miro para os ceos, obra dos teus dedos,

a lúa e as estrelas fixas no seu lugar,

digo:

4 que é o home para que te lembres del?

e o fillo do home para que o visites?

5 Porén, fixéchelo algo menor que os anxos,

e coróalo de gloria e maxestade.

6 Fixeches o seu señorío,

sobor as obras das túas mans;

puxeches todo baixo os seus pés;

7 ovellas, bois, todos eles,

e tamén as feras dos montes,

8 as aves dos ceos e os peixes do mar,

todo o que percorre os vieiros dos mares.

9 Ó Iahveh, noso Señor, que maxestuoso é o teu nome en toda a terra!