nen no teu furor me castigues.
2 Ten piedade de min Iahveh, pois esmorezo;
sándame, Iahveh, porque os meus ósos tremen.
3 A miña alma está tamén moi angustiada;e ti, ó Iahveh, até cando?
4 Iahveh!, retorna!, rescata a miña vida,
sálvame pola túa misericordia.
5 Porque non hai memoria de ti na morte,
e no Seol, quen te louvará?
6 Estou canso dos meus xemidos;todas as noites anego o meu leito con bágoas,
con lágrimas rego a cama.
7 Gastados están de sufrir os meus ollos,
envelleceron por causa dos meus inimigos
8 Afastádevos de min, todos os que practicades iniquidade,porque Iahveh ouviu a voz do meu pranto.
9 Iahveh escoitou a miña súplica;
Iahveh recibe a miña oración.
10 Todos os meus inimigos serán avergoñados
e pertubaranse moito;
novamente, e nun intre, serán avergoñados.