Capítulo 1

1 Visión de Abdías.

Así dí o Señor DEUS acerca de Edom: Oímos unha mensaxe do SEÑOR, e un mensaxeiro foi mandado ás nacións, dicindo: Levantádevos e erguémonos contra él na batalla.

2 Velaí, fareite pequeno entre as nacións; despreciado eres en gran maneira. 3 A soberbia do teu corazón enganoute, ti que vives nas fendas da rocha, nas alturas da túa morada, que dis no teu corazón: ¿Quén me derrumbará por terra?.

4 Aínda que te remontes como a aguia, e aínda que entre as estrelas poñas o teu nido, de alí derrumbareite - declara o SEÑOR. 5 Si viñeran a ti ladróns ou asaltantes de noite (!cómo quedarías arruinado!), ¿non roubarían ata que lles chegara? Si viñeran a ti vendimiadores, ¿non deixarías rebuscos? 6 !Cómo será escrutado Esaú, e rebuscados os tesouros escondidos! 7 Ata a fronteira te botarán todos os teus aliados; enganarante, dominarante os que están en paz contigo; os que comen o teu pan tenderán emboscada contra ti. (Non hai entendemento 8 nel.)¿Non desfarei naquel día - declara o SEÑOR - ós sabios de Edom e o entendemento do monte de Esaú? 9 Entón os teus valentes serán atemorizados , oh Temán, de xeito que todo home será cortado do monte de Esaú con morte violenta. 10 Pola violencia contra o teu irmán Jacob, cubrirate a vergoña, e serás cortado pra sempre. 11 O día que te puxeches a un lado, o día no que estranos levaban a súa riqueza, e estranxeiros entraban pola súa porta e sobre Xerusalén botaban sortes, ti tamén eras coma un deles. 12 Non te alegres no día de teu irmán, no día do seu exterminio; non te alegres dos fillos de Xudá no día da súa destrución, sí, non presumas no día da súa angustia. 13 Non entres pola porta do meu pobo no día da súa ruína. Sí, non te alegres ti da súa desgracia no día da súa ruína; non te apoderes das súas riquezas no día da súa ruína. 14 Non fiques na encrucillada pra exterminar aos seus fuxitivos, e non entregues os seus sobrevivintes no día da súa angustia.

15 Porque se achega o día do SEÑOR sobre as nacións.

Como ti fixeches, che farán, as túas accións recaerán sobre a túa cabeza.

16 Como vosoutros bebestes no meu santo monte, así beberán continuamente todas as nacións.

Beberán e tragarán, e serán como si non houberan sido.

17 Pero no monte Sión quedará un remanente, e será lugar santo, e a casa de Jacob volverá a ter as súas posesións.

18 Entón a casa de Jacob será un lume, e a casa de José unha chama, e restrollo a casa de Esaú.

Os queimarán e os consumirán, e non quedará sobrevivinte algún da casa de Esaú - porque o SEÑOR falou.

19 Entón os de Neguev posuirán o monte de Esaú, e os da Sefela a chaira dos filisteos; posuirán tamén o territorio de Efraín e o territorio de Samaria, e Benjamín posuirá Galaad. 20 21 E os desterrados deste exército dos fillos de Israel que están entre os cananeos ata Sarepta, e os deterrados de Xerusalén que están en Sefarad, posuirán as cidades de Neguev. E subirán liberadores ao monte Sión pra xulgar ao monte de Esaú, e o reino será do SEÑOR.