Capítulo 7
1
Ai de min! porque son como os recolledores de froitos de verán, como os rebuscadores na vendimia.
Non hai acio de uvas para comer, nin figo temperán que tanto desexo.
2
Desapareceu o bondadoso da terra, e non hai xusto entre os homes. Todos agradan para derramar sangue, botáronse a rede uns aos outros.
3
Para o mal as duas mans son destras. O príncipe pide, e tamén o xuíz, unha recompensa; o grande fala do que desexa a súa alma, e xuntos tramánolo.
4
O mellor deles é como un arbusto, e o mais recto coma un sebe de espiños. O día que poñas os teus sentinelas, chegará o teu castigo. Entón será a súa confusión!
5
Non vos fiedes do veciño, nin confiedes no amigo. Da que descansa no teu seno, garda os teus beizos.
6
Porque o fillo trata con desprezo o pai, a filla érguese contra a nai, e a nora contra a sogra; os inimigos do home son os da súa propia casa.
7
Pero porei os meus ollos en IaVHeH, esperarei no Deus da miña salvación, e escoitarame.
8
Non te alegres de mín, inimiga miña. Aínda que caia, levantareime, aínda que viva en tebras, IaVHeH é a miña luz.
9
Soportarei a indignación de IaVHeH, porque pequei contra El, ata que defenda a miña causa e estableza o meu dereito. Sacarame á luz e verei a súa xustiza.
10
Entón o meu inimigo verao, e a que mo dixo cubrirase de vergoña : Onde está IaVHeH o teu Deus? Os meus ollos contemplarana; entón será pisoteada coma o barro das rúas.
11
Chega o día para a construcción dos teus muros; naquel día ampliaranse os teus límites.
12
Chega o día cando eles voltarán dende Asiria e as cidades de Exipto; dende Exipto ata o Río, do mar ao maro e do monte ao monte.
13
E a terra quedará desolada por mor dos seus habitantes, polo froito das súas obras.
14
Pastorea a teu pobo coa vara, o rabaño da túa herdanza, que vive só no bosque no medio dun campo fértil. Que se apacenten en Basán e Galaad coma noutros tempos.
15
Como nos días da túa saída da terra de Exipto, mostrareiche milagres.
16
Verano as nacións e avergoñaranse de todo o seu poder; poñerán a man sobre a boca, e ensordecerán os seus oídos.
17
Lamberán o po como a serpe, coma os réptiles da terra. Sairán tremendo das súas fortalezas, virán a IaVHeH o noso Deus con medo e temerán diante de ti.
18
Quen IaVHeH coma ti, que perdoas a iniquidade, e pasas por enriba a rebeldía do remanente da súa herdanza?
Non persistirá na súa ira para sempre, porque se comprace da misericordia.
19
Voltará a sentir compaixón por nós, pisará as nosas iniquidades. Sí, tirará as profundidades do mar todos os nosos pecados.
20
Daraslle a Xacobe a verdade e a Abraham a misericordia, as que lle xuraches aos nosos pais dende os días dos tempos pasados.