Capítulo 5

1 Xúntate agora en tropas, filla de guerreiros, puxeronnos cerco. Cunha vara ferirán na meixela o xuíz de Israel. 2 Pero ti, Belén, Efrata, ainda que es pequena entre as familias de Xudá, de ti sairá o que gobernará en Israel. E as súas orixes son dende tempos antigos, dende os días da eternidade.

3 Por iso, abandonarabos ata o tempo en que de a luz a que ten que parir.

Entón o resto dos seus irmáns volterá aos fillos de Israel.

4 E estará de pé e pastoreará o seu rabaño co poder de IaVHeH, coa maxestade do nome de IaVHeH o seu Deus. E permanecerán porque naquel tempo será engrandecido ata os confíns da terra.

5 E será a nosa paz. Cando o asirio invada a nosa terra, e cando pise os nosos pazos, levantarémonos contra el sete pastores e oito príncipes do pobo. 6 E pastorearán a terra de Asiria coa espada, a terra de Nimrod nas súas portas; libraranos do asirio cando invada a nosa terra e pise o noso territorio.

7 Entón o remanente de Xacobe, no medio de moitos pobos, será como o orballo que vén de IaVHeH, como choiva sobre a herba que o home non espera nin agardan os fillos dos homes. 8 E será o remanente de Xacobe entre as nacións, no medio de moitos pobos coma león entre as feras da selva, coma un pequeno león entre os rabaños de ovellas, que se pasa, destrué e mutila e non hai quen libre.

9 A túa man levantarase contra os teus adversarios, e todos os teus inimigos serán exterminados. 10 E acontecerá ese día- declará IaVHeH, que destruirei os teus cabalos no medio de ti, e os teus carros.

11 Tamén destruirei as cidades da túa terra, e derribarei todas as túas fortalezas. 12 Destruirei os túas feiticeiros da tú man, e non terás mais adiviños.

13 Destruirei as túas imaxes talladas e os teus piares sagrados de medio de ti, e xa non te postrarás mais ante a obra das súas mans.

14 Arrincarei as túas imaxes de Asera de medio de ti, e destruirei as túas cidades.

15 E con ira e furor vingareime das nacións que non obedeceron.