Capítulo 1

1 Palabra de Iahveh que veu a Oseas, fillo de Beeri, nos días de Uzías, Xotam, Acaz e Ezequías, reis de Xudá, e nos días de Xeroboam, fillo de Xoás, rei de Israel. 2 Cando Iahveh falou por primeira vez a través de Oseas, o Señor díxolle: anda, toma para ti unha muller prostituta e xera fillos de prostitución; porque a terra prostitúese gravemente /totalmente, abandonando ao Señor. 3 El foi, entón, e tomou a Gomer, filla de Diblaim; e ela concibiu e deulle a luz un fillo. 4 E o Señor díxolle a Oseas: ponlle por nome Xezreel, porque dentro de pouco castigarei á casa de Xehú polo sangue derramado en Xezreel, e porei fin ao reino da casa de Israel. 5 E sucederá que naquel día quebrarei o arco de Israel no val de Xezreel. 6 Ela concibiu outra vez e deu á luz unha filla. E o Señor díxolle: ponlle por nome Lo-ruhamá, porque xa non me compadecerei da casa de Israel, pois non os perdoarei xamais. 7 Pero compadecereime da casa de Xudá e salvareinos por Iahveh o seu Deus; e non os salvarei con arco, nin con espada, nin con batalla, nin con cabalos nin con xinetes. 8 Despois de ter destetado a Lo-ruhamá, ela concibiu e deu a luz un fillo. 9 E o Señor díxolle: ponlle por nome Lo-ammí, porque vós non sodes o meu pobo e eu non son o voso Deus. 10 Pero o número dos fillos de Israel será como a area do mar, que non se pode medir nin contar; e sucederá que no lugar onde lles dixen: non sodes o meu pobo, diráselles: sodes fillos do Deus vivente. 11 E os fillos de Xudá e os fillos de Israel reuniranse, e nomearán para sí un só xefe, e xurdirán da terra, porque grande será o día de Xezreel.