Capítulo 1

1 Profecía que tivo en visión o profeta Habacuc 2 ¿Ata cando, oh Iahveh, pedirei axuda, e non escoitarás, clamarei a ti: Violencia! e non salvarás? 3 Por que me fas ver a iniquidade e me fas mirar a opresión? A destrución e a violencia están diante de min; hai loita, xorde liorta. 4 Por iso non se cumpre a lei e a xustiza nunca prevalece. Pois o malo asedia ao xusto; polo tanto sae corrompida a xustiza". 5 Mirade entre as nacións, observade, asombrádevos e admirádevos, porque farei unha obra nos vosos días que non creriades se vola contaran. 6 Porque velaí, eu ergo aos caldeos, pobo fero e impetuoso, que marcha pola anchura da terra para apropiarse de moradas alleas. 7 Impoñente e temible é; del mesmo proceden a súa xustiza e a súa grandeza. 8 Os seus cabalos son máis veloces que leopardos, e máis astutos que lobos ao anoitecer. Ao galope veñen os seus xinetes, os seus xinetes veñen de lonxe, voan como aguia que se precipita a devorar. 9 Veñen todos eles para facer violencia, a súa orda de rostros avanza, recolle cativos como a area. 10 Mófase dos reis, e os gobernantes sonlle motivo de risa. Rí de toda fortaleza, amontoa entullos para tomala. 11 Entón pasará como o vento e seguirá, e teráselle por culpable, porque fai do seu poder o seu deus. 12 Non es ti dende a eternidade, ou Iahveh, Deus meu, Santo meu? Non morreremos. Oh Iahveh, para xuízo o puxeches; ti, ou Rocha, establecíchelo para corrección. 13 Moi limpos son os teus ollos para mirar o mal, e non podes contemplar a opresión. Por qué miras de bo grado aos que proceden perfidamente, e calas cando o impío traga ao que e máis xusto que el? 14 Por que fixeches os homes coma peixes do mar, coma réptiles que non teñen xefe. 15 A todos os saca con anzol o pobo invasor, arrástraos coa súa rede e os xunta na súa malla. Por iso alédase e gózase. 16 Por iso ofrece sacrificio a súa rede e queima incenso a súa malla, pois grazas a elas a súa pesca e abondosa e suculenta a súa comida. 17 Baleirará, pois, a súa rede e seguirá matando sen piedade as nacións?