Capítulo 1

1 Sucedeu nos días de Asuero, o rei Asuero que reinou dende a India ata Etiopía sobre cento vinte e sete provincias, 2 que naqueles días, estando o rei Asuero reinando dende o seu trono real, na fortaleza de Susa, 3 no terceiro ano do seu reinado, ofreceu un banquete para todos os seus príncipes e servidores, estando na súa presenza os oficiais do exército de Persia e Media, os nobres e os príncipes das súas provincias. 4 E él mostroulles as riquezas da gloria do seu reino e o magnífico esplendor da súa maxestade durante moitos días, cento oitenta días. 5 Cando se cumpriron estes días, o rei ofreceu un banquete de sete días para todo o pobo que se encontraba na súa fortaleza de Susa, dende o maior ata o menor, no adro do xardín do pazo do rei.

6 Había colgaduras de liño branco e violeta*azul*, sostidas por cordóns de liño fino e púrpura (en aneis de prata e columnas de mármore*non se comprende a imaxe*),e leitos de ouro e prata sobre o chan mosaico de pórfiro, de mármore, de alabastro e de *pedras fermosas*. 7 As bebidas servíanse en vaixelas de ouro de diferentes formas, e o viño real abondaba conforme a liberalidade do rei. 8 E bebíase conforme a lei, non había obriga, porque o rei así dera ordes a todos os oficiais da súa casa para que fixeran conforme aos desexos de cada persoa. 9 A raíña Vasti tamén fixo un banquete para as mulleres no pazo que pertencía ao rei Asuero.

10 Ao sétimo día, cando o corazón do rei estaba alegre polo viño, el ordeou a Mehumán, a Bitza, a Harbona, a Bigta, a Abagta, a Zetar e a Carcas, os sete eunucos que servían na presenza do rei Asuero, 11 que trouxeran a raíña Vasti á presenza do rei coa súa coroa real, para mostrar ao pobo e aos príncipes a súa beleza, porque era moi fermosa. 12 Pero a raíña Vasti rexeitou vir ao mandato do rei transmitido polos eunucos. Entón o rei enfadouse moito e acendeuse a súa furia*ira* nel. 13 15 E o rei dixo aos sabios que coñecían os tempos (pois era costume do rei consultar así a todos os que coñecían a lei e o dereito. 14 E estaban a carón del Carsena, Setar, Admata, Tarsis, Meres, Marsena e Memucán, os sete príncipes de Persia e Media que tiñan entrada na presenza do rei e que ocupaban os primeiros postos no reino): Conforme a lei, que se debe facer coa raíña Vasti, por non obedecer o mandato do rei Asuero transmitido polos eunucos? 16 E na presenza do rei e dos príncipes, Memucán dixo: A raíña Vasti no só ofendeu o rei senón que tamén a todos os príncipes e a todos os pobos que están en todas as provincias do rei Asuero. 17 Porque o comportamento da raíña chegará a coñecerse por todas as mulleres e fará que elas miren con desprezo aos seus maridos, e digan: " O rei Asuero ordeou que a raíña Vasti fose levada a súa presenza, pero ela non foi". 18 E dende hoxe as señoras de Persia e Media que escoitaron do comportamento da raíña falarán do mesmo xeito a todos os príncipes do rei, e haberá moito desprezo e rabia. 19 Se lle gusta ao rei, proclame el un decreto real e que se escriba nas leis de Persia e Media para que non sexa revogado, que Vasti non entre máis á presenza do rei Asuero, e que o rei dea o título de raíña a outra que sexa máis digna ca ela.

20 E cando o decreto que faga o rei sexa escoitado por todo o seu reino, inmenso como é, entón todas as mulleres darán honra aos seus maridos, dende o maior ata o menor. 21 Esta palabra pareceulle ben ao rei e aos príncipes, e o rei fixo segundo o dito por Memucán. 22 E mandou cartas a todas as provincias do rei, a cada provincia segundo a súa escritura e a cada pobo segundo a súa lingua, para que todo home fora señor na súa casa e que nela se falara a lingua do pobo.