1
Así di Iahveh: Por tres transgresións de Moab, e por catro, non revogarei o seu castigo, porque queimou os ósos do rei de Edom ata calcinalos.
2
Enviarei pois, fogo sobre Moab, que consumirá os pazos de Queriot, e Moab morrerá no tumulto, con berros de guerra e son de trompeta.
3
Tamén destruirei o seu xuíz e matarei a todos os seus príncipes xuntamente con el- di Iahveh.
4
Así di Iahveh: Por tres transgresións de Xudá, e por catro, non revogarei o seu castigo, porque desbotaron a lei de Iahveh e non gardaron os seus estatutos; tamén as súas mentiras fixéronlles errar, tras as cales andaron os seus pais.
5
Enviarei, pois, fogo sobre C¡Xudá, e consumirá os pazos de Xerusalém.
6
Así di Iahveh: Por tres transgresións de Israel, e por catro, non revogarei o seu castigo, porque venden ao xusto por diñeiro e ao necesitado por un par de sandalias.
7
Os que esmagan no pó da terra a cabeza dos desvalidos, tamén torcen o camiño dos humildes. Un home e o seu pai déitanse coa mesma moza profanando o meu santo nome.
8
Déitanse sobre roupas empeñadas xunto a calquera altar, e beben o viño dos que foron multados na casa do seu Deus.
9
Eu destruín diante deles ao amorreo cuxa altura era como a altura dos cedros e era forte como as aciñeiras; destruín o seu froito por arriba e a súa raíz por abaixo.
10
E a vós, saqueivos da terra de Exipto e guieivos polo deserto durante corenta anos para que tomarades posesión da terra dos amorreos.
11
E levantei profetas de entre os vosos fillos e nazareos de entre os vosos mozos. Non é así, fillos de Israel?-- di Iahveh.
12
Mais vós fixestes beber viño aos nazareos e ordenastes aos profetas dicindo: Non profeticedes.
13
Velaquí, eu esmagareivos coma un carro cheo de monllos.
14
E o home rápido errará na súa fuga e o forte non reforzará o seu poder, nin o valente salvará a súa vida.
15
O arqueiro non resistirá, o corredor non escapará, nin o que monta a cabalo salvará a súa vida.
16
E mesmo o máis intrépido dos valentes fuxirá espido ese día-- di Iahveh.