1
O ancián ao benquerido Gaio, a quen de verdade amo.
3
Amado, en tódalas cousas desexo que sexas prosperado e teñas saúde, do mesmo xeito que prospera a túa alma!
2
Canto me alegrei cando chegaron os irmáns e testemuñaron da túa vida, de como andas na verdade!
4
Non teño ledicia meirande ca esta: saber que os meus fillos andan na verdade.
5
Amado, estás a comportarte fielmente en todo o que fas polos irmáns, e sobre todo por aqueles que son forasteiros;
6
eles mesmos testemuñaron do teu amor. Farás ben en axudalos para que poidan viaxar como é digno de Deus.
7
Pois por mor do Nome, marcharon sen aceptaren nada dos pagáns.
8
Por tanto, debemos recibir a estes homes como convidados, para sermos colaboradores na extensión da verdade.
9
Escribín unha carta á igrexa, mais Diótrefes, quen quere ser o primeiro sempre, non nos recoñece.
10
Por iso, se vos vou ver, lembrareille as cousas que fai, acusándonos inxustamente con palabras maliciosas, e non satisfeito con iso, non recibe os irmáns e llelo impide a aqueles que queren facelo expulsándoos da igrexa.
11
Meu amigo, non imites o malo, senón o bo. O que fai o que é bo, vén de Deus, o que fai o malo endexamais viu a Deus.
12
Todos testemuñan a favor de Demetrio, tamén a mesma verdade, e nós mesmos falamos ben del, e ti sabes que o noso testemuño é verdadeiro.
13
Aínda teño moitas cousas para che escribir, pero non quero facelo con tinta e pluma;
14
Espero verte axiña e falaremos cara a cara.
15
A paz sexa contigo. Mándanche saúdos os teus amigos. Saúda os meus amigos, a cada un polo seu nome.