1
O Ancián á señora elixida e mailos seus fillos, aos que amo en verdade, e non só eu, mais tamén todos os que coñeceron a verdade,
2
os que por mor da verdade que permanece en nós, e que nos acompañará sempre:
3
a graza, a misericordia e a paz de Deus o Pai e de Xesús Cristo, o Fillo do Pai, sexan con vós en verdade e amor.
4
Moito me alegrei por ver que algúns dos teus fillos camiñan na verdade, conforme ao que o Pai nos mandou.
5
Agora, pídoche, señora, non como se estivera a anunciar un mandamento novo, senón aquel que tiñamos dende o principio: que nos amemos uns aos outros.
6
O amor consiste nisto: en vivirmos segundo os seus mandamentos, e o mandamento é que camiñemos con El, como escoitamos dende o principio.
7
Agora andan polo mundo moitos enganadores que non confesan a Xesús Cristo que veu en carne mortal. Velaí o enganador e o anticristo!
8
Mirade por vós mesmos, para que non botedes a perder as cousas polas que traballamos, senón para que recibades a recompensa completa.
9
Todo o que se desvía e non permanece na doutrina do Mesías non ten a Deus consigo. O que permanece no que El ensinou, este ten o Pai e mailo Fillo.
10
Se algún chega onda vós e non ten esa doutrina, non lle abrades a porta da casa nin lle digades "benvido";
11
porque aquel que lle di: "benvido" faise cómplice das cousas malas que o tal fai.
12
Teño moitas cousas que vos dicir, mais non o farei con papel e tinta, pois estou querendo ir e falarvos cara a cara, para que a vosa ledicia sexa completa.
13
Saúdante os fillos da túa irmá, a elixida.