Capítulo 7

1 Polo tanto, amados, tendo estas promesas, limpémonos de toda contaminación de carne e de espírito, perfeccionando a santidade no temor de Deus. 2 Facédenos sitio nos vosos corazóns; non lle fixemos dano a ninguén, non corrompemos a ninguén, non fomos cobizosos. 3 Non falo para condenarvos; pois como vos dixen antes, estades nos nosos corazóns para vivir e para morrer xuntamente. Son moi claro con vosoutros; 4 teño moito de que gloriarme de vós; estou cheo de consolo e gózome sobremaneira aínda en toda a vosa aflición. 5 Pois mesmo cando chegamos a Macedonia, non puidemos descansar, senón que nós estivemos aflixidos por todos lados: de fóra, conflitos; de dentro, medos. 6 Mais Deus, que consola os agraviados, consolounos coa chegada de Tito; 7 e non só coa súa chegada, senón co consolo con que el foi consolado en vós, facéndonos saber do voso gran afecto, do voso pranto e do voso celo por min; de xeito que me alegrei máis aínda. 8 Porque se ben vos causei tristura coa miña carta, non me pesa (aínda que o lamentei); xa que vexo que esta carta vos foi motivo de tristura só por un pouco de tempo, 9 agora alégrome; non de que fósedes entristecidos, senón de que fósedes aflixidos para arrepentimento; porque fostes entristecidos conforme á vontade de Deus, para que non sufrirades perda algunha de parte nosa. 10 Porque a tristura que é conforme á vontade de Deus, produce un arrepentimento para salvación, sen remordemento, pero a tristura do mundo produce morte. 11 Porque mirade canta celeridade produciu en vós isto de serdes entristecidos por Deus. E non só iso, senón tamén desculpas e indignación; e non só temor, senón tamén afecto; e non só celo senón tamén vindicación. En todo desmostrastes ser inocentes no asunto. 12 Así que, mesmo que vos escribín, non foi por mor do que obrou inxustamente, nin por mor de quen foi tratado de maneira inxusta, senón que foi para que o voso celo por nós fose manifestado diante de Deus. 13 Por isto fomos consolados. E aparte do noso consolo, alegrámonos aínda máis por medio do gozo de Tito, pois o seu espírito foi reanimado por todos vós. 14 Porque se me gabei de vós con el, non caín en vergoña; senón que como vos dixen todo con verdade, do mesmo xeito a nosa gloria por vós diante de Tito, resultou ser verdade. 15 O seu amor para vós abunda máis aínda ao lembrarse da vosa obediencia, e de como o recibistes con temor e temblor. 16 Alégrome porque podo confiar en vós en tódalas cousas.