1
Entón dixo Salomón: "Iahveh dixo que mora na densa escuridade.
2
E eu construín unha casa sublime para ti, un lugar no que habites para sempre.
3
O rei volveu o rostro e bendiciu a toda a congregación de Israel, mentres toda a congregación de Israel estaba en pé.
4
E dixo: Bendito sexa Iahveh, o Deus de Israel, que cumpriu coa súa man o que prometeu coa súa boca a David, o meu pai, dicindo:
5
Dende o día en que saquei o meu pobo da terra de Exipto non escollín ningunha cidade de todas as tribos de Israel para edificar unha casa onde estivese o meu nome, nin escollín ningún home para ser o príncipe do meu pobo Israel.
6
Pero eu escollín a Xerusalém para que o meu nome estivese alí, e escollín a David para estar sobre o meu pobo Israel.
7
E David, o meu pai, tiña no seu corazón construír unha casa para o nome de Iahveh, o Deus de Israel.
8
Pero o Señor díxolle a David, o meu pai: "xa que tiñas na túa alma o desexo de construír unha casa para o meu nome, ben fixeches ter ese desexo no teu corazón.
9
Só que ti non edificarás a casa, senón que o teu fillo, que sairá das tuas entrañas, é o que construirá a casa para o meu nome.
10
E Iahveh cumpriu a palabra que prometeu, pois eu levanteime no lugar de David, o meu pai, e senteime no trono de Israel, como prometeu Iahveh, e construín a casa para o nome de Iahveh, o Deus de Israel.
11
E puxen alí a arca, na que está o pacto de Iahveh, que fixo cos fillos de Israel.
12
Entón, Salomón púxose diante do altar de Iahveh, na presenza de toda a congregación de Israel, e estendeu as súas mans.
13
Porque Salomón fixera un estrado de bronce de cinco cóbados de lonxitude, cinco cóbados de ancho e tres cóbados de altura, e colocouno no medio do atrio, e púxose sobre el, axeonllouse diante de toda a congregación de Israel e estendeu as súas mans cara o ceo,
14
Iahveh, Deus de Israel, non hai Deus coma ti, nin no ceo nin na terra, que gardas o pacto e a misericordia cos teus servos que andan diante de ti con todo o seu corazón.
15
Que mantiveches o que prometeches ao teu servo David, o meu pai; falaches coa túa boca e cumpriches coa túa man ata o día de hoxe.
16
v 16 E agora, Iahveh, Deus de Israel, mantén a túa promesa ao teu servo David, o meu pai, cando lle dixeches: non ha faltar un home diante de min para que se sente no trono de Israel, se os teus fillos coidan o seu camiño, para andar na miña lei, como ti camiñaches diante de min.
17
E agora, Iahveh, Deus de Israel, que se confirme a túa palabra que falaches ao teu servo David.
18
Mais, en verdade Deus habitará co ser humano sobre a terra? Velaquí, os ceos, e o ceos dos ceos, non te poden conter; canto menos esta casa que eu che construín!
19
Pero ti, Iahveh, meu Deus, presta atención á oración do teu servo e á súa súplica, para escoitar o clamor e a oración que o teu servo fai na túa presenza,
20
que os teus ollos estean abertos de día e de noite sobre esta casa, sobre o lugar do que ti dixeches: "aí estará o meu nome"; para que escoites a oración que o teu servo fai cara este lugar.
21
E escoita a súplica do teu servo e do teu pobo Israel, cando oren cara este lugar; e escoita dende os ceos, a túa morada, e cando teñas escoitado, perdoa.
22
Se alguén peca contra o seu próximo, e se lle exise xuramento, e xura diante do teu altar nesta casa,
23
escoita ti dende os ceos, e actúa e xulga os teus servos, condenando o culpable e dando ao impío o seu merecido, e perdoando ao xusto, dándolle o que lle corresponde pola súa xustiza.
24
E cando o teu pobo Israel sexa derrotado diante do seu inimigo, porque pecaron contra ti, e volva a ti, e confese o teu nome, e oren diante de ti nesta casa,
25
entón escoita ti dende os ceos e perdoa o pecado do teu pobo Israel, e vólveos á terra que lles deches a eles e aos seus pais.
26
Cando os ceos se pechen e non chova, porque pecaron contra ti, se oran cara este lugar, e confesan o teu nome, e se volven do seu pecado, polo que os aflixiches,
27
entón escoita dende os ceos e perdoa o pecado dos teus servos e do teu pobo Israel. Si, ensínalles o bo camiño no que deben andar, e dá a choiva á túa terra, aquela que deches por herdanza ao teu pobo.
28
Se hai fame no país, se hai peste, se hai sarampelos, seca, langostas e pulgóns, ou se os inimigos os sitian nas súas portas, en calquera enfermidade ou plaga,
29
toda oración e toda súplica que faga calquera persoa de todo o teu pobo Israel, recoñecendo a súa aflición e a súa dor, e estenda as súas mans cara esta casa,
30
escoita ti dende os ceos, o lugar da túa morada, e perdoa, e dá a cada un segundo os seus camiños, porque só ti coñeces o corazón dos fillos dos homes;
31
para que te teman e anden nos teus camiños, todos os días que vivan na terra que lle deches aos nosos pais.
32
Así mesmo, cando o estranxeiro, que non é do teu pobo Israel e veña dun país lonxe por mor do teu gran nome, e da túa man forte e do teu brazo estendido, e veña e ore cara esta casa,
33
escoita ti dende os ceos, a túa morada, e fai todo o que o estranxeiro che pida, para que todos os pobos da terra coñezan o teu nome e te teman como o teu pobo Israel, e para que saiban que este templo que eu construín é consagrado polo teu nome.
34
Se o teu pobo sae á guerra contra o seu inimigo, por onde os envíes, e oran diante de ti cara esta cidade que elixiches e á casa que construín para o teu nome,
35
entón escoita ti dende os ceos a súa oración e a súa súplica, e defende a súa causa.
36
Cando pequen contra ti (porque non hai home que non peque), se te irritas contra eles, e os entregas ao inimigo, e os levan prisioneiros a un país inimigo, a unha terra remota ou cercana,
37
e se, na terra onde os levaron cativos, volven en si e suplícanche, dicindo: pecamos, cometemos iniquidade e actuamos impiamente,
38
e se na terra do seu cativerio, onde foron levados coma escravos, eles vólvense a ti con todo o seu corazón e con toda a súa alma, e oran a ti ollando cara a terra que entregaches aos seus país, cara a cidade que ti elixiches, e cara a casa que construí no teu nome,
39
enton escoita ti dende os ceos, o lugar da túa morada, a súa oración e os seus rogos, e ampara a súa causa e perdoa o teu pobo que pecou contra ti.
40
Agora pois, ó meu Deus, que os teus ollos estean abertos e os teus oídos atentos á oración que se faga neste lugar.
41
Érguete agora, Iahveh Deus, para habitar no lugar do teu repouso, Ti e a arca do teu poder! Que os teus sacerdotes, Iahveh Deus, estean vestidos de salvación, e os teus fieis exulten de felicidade!
42
Señor Deus, non rexeites o rostro do teu unxido! Lembra as misericordias para con David, o teu servo.