1
Pero cando Roboam consolidou o seu reino, abandonou a lei de Iahveh, e todo Israel con el.
2
E cando se rebelaron contra Iahveh, aconteceu que no quinto ano do rei Roboam subiu contra Xerusalémm Sisac, rei de Exipto,
3
con mil douscentos carros de guerra e sesenta mil xinetes. E o exército dos libios, suquitas e cuxitas que viñan dende Exipto, era unha multitude inmesa.
4
Tomaron as cidades fortificadas de Xudá, e chegaron ata Xerusalém.
56
Entón Xemaías, o profeta, veu onda Roboam e os príncipes de Xudá, que se reuniron en Xerusalém por causa de Sisac, e díxolles: así di Iahveh: vos abandonástesme, polo tanto abandónovos Eu tamén nas mans de Sisac. E os príncipes de Israel e o rei humilláronse e dixeron: xusto é Iahveh.
7
E cando Iahveh viu que se humillaron, a palabra de Iahveh chegou a Xemaías, dicindo: "xa que se humillaron, non os destruirei, senón que os salvarei dentro de pouco e a miña ira non se derramará sobre Xerusalém por medio de Sisac.
8
Con todo, serán os seus servos, para que saiban o que é servirme a min e servir aos reinos das nacións.
9
E Sisac, rei de Exipto, subiu contra Xerusalém e levou os tesouros da casa de Iahveh e os tesouros da casa do rei; apañouno todo, mesmo os escudos de ouro que fixera Salomón.
10
E o rei Roboam fixo escudos de bronce no seu lugar, e entregounos aos xefes dos gardas que custodiaban a porta da casa do rei.
11
Cada vez que o rei subía á casa de Iahveh, viñan os gardas e levaban os escudos, e despois volvían a deixalos na habitación dos gardas.
12
Cando se humillou, a ira de Iahveh apartouse del, de tal xeito que non o destruíu por completo, porque aínda en Xudá quedaran cousas boas.
13
E Roboam fortaleceuse en Xerusalém e continuou reinando. Roboam tiña corenta e un anos cando comezou a reinar, e reinou dezaseis anos en Xerusalém, a cidade que Iahveh escolleu de todas as tribos de Israel para poñer o seu nome. A nai de Roboam era Naama, a amonita.
14
E fixo o que era malo, porque non preparou o seu corazón para buscar a Iahveh.
15
Os feitos de Roboam, dende o principio ata o final, non están escritos no relato do profeta Semaías e no relato do vidente Iddo? E houbo sempre guerras entre Roboam e Ieroboam.
16
E Roboam durmiu cos seus pais e foi enterrado na Cidade de David. E Abías, o seu fillo, reinou no seu lugar.