1
Os fillos de Rubén, primoxénito de Israel (porque el era o primoxénito, pero porque profanou a cama do seu pai, a súa primoxenitura foi dada aos fillos de Xosé, fillo de Israel; pois non era posible rexistralo como primoxénito,
2
aínda que Xudá prevaleceu sobre os seus irmáns e del saíu o príncipe, pero os dereitos de primoxenitura pertencían a Xosé).
3
Estes son os fillos de Rubén, primoxénito de Israel: Hanoc, Falú, Hezrón e Carmi.
4
Os fillos de Xoel: Semaías o seu fillo, Gog o seu fillo, Simei o seu fillo,
5
o seu fillo Micaías, o seu fillo Reaías, o seu fillo Baal,
6
o seu fillo Beera, a quen Tilgat-pilneser, rei dos asirios, levou en exilio. Este é xefe dos rubenitas.
7
E os seus parentes, segundo as súas familias, Cando foron contados nas súas xenealoxías, foron os príncipes Ieiel e Zacarías,
8
e Bela, fillo de Azaz, fillo de Sema, fillo de Xoel, habitou en Aroer ata Nebo e Baal-meón.
9
E cara o oriente habitou ata a entrada do deserto, dende o río Éufrates, porque os seus animais aumentaran na terra de Galaad.
10
Nos días de Saúl fixeron guerra contra os agarenos, e caeron nas súas mans, e eles ocuparon as súas tendas en toda a terra ao oriente de Galaad.
11
E os fillos de Gad habitaron en fronte deles na terra de Basán, ata Salca.
12
Xoel era o xefe en Basán; e Safán o segundo, e despois, Iaenai e Safat.
13
E os seus irmáns, segundo as familias dos seus pais foron: Micael, Mesulam, Seba, Iorai, Iacán, Zia e Heber, sete.
14
Estes son os fillos de Abihail, fillo de Huri, fillo de Iarao, fillo de Galaad, fillo de Micael, fillo de Ixaí, fillo de Iahdo, fillo de Buz.
15
Ahí, fillo de Abdiel, fillo de Guni, era o principal na súa casa paterna.
16
E habitaron en Galaad, en Basán e as súas cidades, e en todos os exidos de Sarón ata as súas fronteiras.
17
Todos eles foron rexistrados segundo as xenealoxías nos días de Iotam, rei de Xudá, e nos días de Ieronám, rei de Israel.
18
Os fillos de Rubén, de Gad e da metade da tribo de Manasés, homes valentes, homes que levaban escudo e espada e tiraban con arco, e que eran homes de batalla, eran corenta e catro mil setecentos sesenta que saían á batalla.
19
E fixeron guerra contra os agarenos, Ietur, Nafis e Nodab.
20
E Deus axudounos en contra deles, e os agarenos e todos os que estaban con eles foron entregados nas súas mans, porque invocaron a Deus na batalla, e El concedoulles a súa axuda porque confiaron nel.
21
E levaron os seus animais: cincuenta mil camelos, douscentas cincuenta mil ovellas, dous mil asnos, ademais de cen mil persoas.
22
Porén, moitos caeron mortos, porque a guerra era de Deus. E habitaron no seu lugar ata a deportación.
23
E os fillos da metade da tribo de Manasés habitaron na terra; foron numerosos dende Basán ata Baal-hermón, Senir e o monte Hermón.
24
Estes son os xefes segundo as súas casas paternas: Efer, Isi, Eliel, Azriel, Xeremías, Hodavías e Iahdiel, homes valentes, homes de renome, príncipes das súas casas paternas.
25
Pero eles rebeláronse contra o Deus dos seus pais, e prostituíronse cos deuses dos pobos da terra, que Iahveh destruíra diante deles.
26
Entón o Deus de Israel animou o espírito de Pul, rei da Asiria, e o espírito de Tilgat-Pilneser, rei de Asiria, e levou ao exilio aos rubenitas, aos gaditas e á metade da tribo de Manasés, e levounos a Halah, a Habor, a Hara e ao río de Gozan, como están ata hoxe.