1
Estes son os fillos de Israel: Rubén, Simeón, Leví, Xudá, Isacar, Zabulón
2
Dan, Xosé, Benxamín, Neftalí, Gad e Aser.
3
Estes son os fillos de Xudá: Er, Onán e Sela. Estes tres nacéronlle de Bet-sua a cananea. Pero Er, primoxénito de Xudá, era malvado diante dos ollos de Iahveh, e El matouno.
4
E a súa nora Tamar deulle a luz a Fares e a Zera. En total Xudá tivo cinco fillos.
5
Os fillos de Fares foron Hezrón e Hamul.
6
Estes son os fillos de Zera: Zimri, Etán, Hemán, Calcol e Dara; en total cinco.
7
O fillo de Carmi foi Acan, o perturbador de Israel, que transgrediu no tocante ao anatema.
8
O fillo de Etán foi Azarías.
9
E estes son os fillos que lle naceron a Esrón: Ierahmeel, Ram e Quelubai.
10
Ram enxendrou a Aminadab. Aminadab enxendrou a Naasón, príncipe dos fillos de Xudá.
11
Naasón enxendrou a Salmón, Salmón enxendrou a Booz,
12
Booz enxendrou a Obed, Obed enxendrou a Ixaí,
13
Ixaí enxendrou a Eliab o seu primoxénito, despois Abinadab o segundo e Simeá o terceiro.
14
o cuarto Natanael, o quinto Radai,
15
o sexto Ozem, o sétimo David.
16
E as súas irmás eran Servia e Abigail. E os tres fillos de Servia foron Abisai, Ioab e Asael.
17
E Abigail deu a luz a Amasa. O pai de Amasa era Ieter o ismaelita.
18
E Caleb, fillo de Esrón, enxendrou fillos de Azuba a súa muller e de Ieriot; e estes son os fillos dela: Iéser, Sobab e Ardón.
19
Morreu Azuba; e Caleb tomou por muller a Efrata, e ela deu a luz a Hur.
20
Hur enxendrou a Uri, Uri enxendrou a Bezaleel.
21
Despois Hezrón foi onda a filla de Maquir, pai de Galaad, e tomouna por muller cando tiña sesenta anos; e ela deu a luz a Segub.
22
Segub enxendrou a Iacir, que tiña vinte e tres cidades na terra de Galaad.
23
Pero Gesur e Aram tomáronlles as vilas de Iaier con Kenat e as súas vilas, sesenta cidades. Todos estes eran fillos de Maquir, pai de Galaad.
24
E aconteceu que despois da morte de Esrón en Caleb-efrat, Abías, muller de Esrón, deu a luz a Asur, pai de Tecoa.
25
Os fillos de Ierahmeel, primoxénito de Esrón: Ram o primoxénito, despois Buna, Orén, Ozem e Ahías.
26
Ierahmeel tivo outra muller, de nome Atara; ela foi a nai de Onam.
27
Os fillos de Ram, primoxénito de Ierahmeel, foron Maaz, Iamín e Equer.
28
Os fillos de Onam foron Samai e Iada. Os fillos de Samai foron Nadab e Abisur.
29
O nome da muller de Abisur era Abihail, e ela deu a luz a Ahban e a Molid.
30
Os fillos de Nadab foron Seled e Apaim; e Seled morreu sen fillos.
31
O de Apaim, Isi; o de Isi, Sesán; o de Sesán, Ahlai.
32
Os fillos de Iada, irmán de Samai: Ieter e Xonatan; e Ieter morreu sen fillos.
33
Os fillos de Xonatán: Pelet e Zaza. Estes foron os fillos de Ierahmeel.
34
Pero Sesan non tiña fillos, senón fillas. E tiña un servo exipcio que se chamaba Iárha.
35
E Sesán deu a súa filla por muller ao seu servo Iarha, e ela deu a luz a Atai.
36
Atai enxendrou a Natán, Natán enxendrou a Zabad,
37
Zabad enxendrou a Eflal, Eflal enxendrou a Obed,
38
Obed enxendrou a Ieú, Ieú enxendrou a Azarías,
39
Azarías enxendrou a Heles, Heles enxendrou a Elasa,
40
Elasa enxendrou a Sismai, Sismai enxendrou a Salum,
41
Salum enxendrou a Iequemías, Iequemías enxendrou a Elisama.
42
E os fillos de Caleb, irmán de Ierahmeel, foron Mesa o seu primoxénito, que enxendrou a Zif; e o seu fillo foi Maresa, pai de Hebrón.
43
Estes son os fillos de Hebrón: Coré, Tapua, Requem e Sema.
44
Sema enxendrou a Raham, pai de Iorcoam; e Requem enxendrou a Samai.
45
O fillo de Samai foi Maón, que enxendrou a Bet-sur.
46
E Efa, concubina de Caleb, deu a luz a Harán, a Mosa e a Gazez. E Harán enxendrou a Gazez.
47
Estes son os fillos de Iahdai: Regem, Iotam, Gesam, Pelet, Efa e Saaf.
48
Maaca, concubina de Caleb, deu a luz a Seber e a Tirana.
49
Ela tamén deu a luz a Saaf, pai de Madmana, e a Seva, pai de Macbena e pai de Gibea; e a filla de Caleb era Acsa.
50
Estes son os fillos de Caleb: os fillos de Hur, primoxénito de Efrata: Sobal, pai de Quiriat-xearim,
51
Salma, pai de Belén, e Haref, pai de Bet-gader.
52
E Sobal, pai de Quiriat-xearim, tivo fillos: Haroé, a metade dos manahetitas,
53
e as familias de Quiriat-xearim: os itritas, os futitas, os sumatitas e os misraitas. Deles saíron os zoratitas e os estaolitas.
54
Os fillos de Salma foron Belén e os netofatitas, Atrot-bet-Ioab e a metade dos manahetitas, os zoraítas.
55
E as familias dos escribas que vivían en Iabes eran os tirateos, os simeateos e os sucateos. Estes son os ceneos que viñeron de Hamat, pai da casa de Recab.